Lugar próximo á lareira, onde se garda a leña para o lume
Etimoloxía
Procedente do equivalente latino angularem.
Exemplos *
“Aniñado xunto a ela, aspirando o arrecendo a leña cortada, o olor tépedo a muller que exhalaba o seu corpo, desexei que Ramiro envorcase mandos de leña durante todo o día. Por un sorriso como aquel sería capaz de transportar todos os rachóns do anllar.” (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro, 2010)
“Non tiñamos anllar e os carabullos amoreábanse no chan, ó rente da lareira, e mesmo a carón durmían as dúas vellas, miña nai e a tía Manola. O meu cuarto estaba do outro lado do sobrado.” (Hixinio Puentes: O bandido Casanova, 2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


