Cría da ovella
Etimoloxía
Vocábulo que nos chega desde o latín agnu de idéntico significado.
Exemplos *
“O cuarto ano fíxose evidente que había máis lobos ca nunca, de modo que os habitantes do reino decidiron, en contra do parecer do Sumo Sacerdote, consultar o Oráculo das Seis Palabras, que lles respondeu solemne nestes termos : –Deixade os años, sacrificade os lobos.” (Manuel Núñez Singala: Instrucións para tomar café, 2016)
“Apelou por ela a súa nai –a miña bis, Eudosia–, que vendeu unha aña para pagar o billete do tren e enviouna ao apeadeiro de Barra de Miño. Alí (...) despediuna o avó, Benito Iglesias Puga, facéndose o valente no seu papel de irmao maior, nifrando unicamente cando Salomé sacou pola xanela un paniño.” (Bieito Iglesias: Contos da terra da tarde, 2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.