ano novo

O ano que empeza, considerado nos primeiros días

Etimoloxía

Frase formada polas voces “ano” do latín annus ‘ano’ e o adxectivo “novo” que bebe da voz latina novus de significado semellante.

Exemplos *

“Corría o ano trinta e oito e ela tiña trece. El alistárase semanas antes do alzamento e estaba de permiso ata o ano novo.” (Xurxo Borrazás: Contos malvados, 1998)

“Hai quen soña con moita forza que o próximo 2007 comece unha vida nova como manda o dito do ano novo e que polo San Silvestre todos os seus males teñan caducidade.” (Marga Romero: A Nosa Terra, 29-12-2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.