ano santo

Ano en que os católicos gañan o perdón dos pecados peregrinando a Roma ou a Santiago de Compostela

Etimoloxía

Frase formada polo substantivo “ano” que procede do latín annus -i, onde significaba ‘tempo de órbita da Terra’ e o adxectivo “santo” que bebe do latino sanctus,a,um ‘que ten carácter sagrado’.

Exemplos *

“Encantábanme os desfiles de soldados, sobre todo con banda e se había un escuadrón de cabalería, aínda moito mellor. En Ourense só tiven ocasión de ollar cabalería cando esta arma peregrinou a Compostela en ocasión do ano santo.” (Xosé M. Salgado e Xoán-M Casado: X.L. Méndez Ferrín, 1989)

“Todas as forzas sociais da cidade dan cheda e contribúen á fervenza que supón a realización de tantos eventos modernizadores no ano santo de 1909.” (Ramón López Vázquez: Domingo García-Sabell e a fenomenoloxía, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.