Estado de axitación e inquietude con opresión na rexión do corazón // Inquietude e preocupación do ánimo por algo que vai ocorrer
Etimoloxía
Palabra que nos chega desde a latina anxiĕtas, -ātis.
Exemplos *
“As primeiras veces pechárase na casa á espera de que esa terrible ameaza que ventaba ocorrese e a pillase gorecida. Logo acostumárase a vivir co pánico intermitente e irracional que sempre volvía. O médico chamáralle ataques de ansiedade.” (Sara Alonso Vila: Oito días sen Eva Cortés, 2021)
“Ben podería chamarse Soidade porque os seus ollos de xeo derretido no fondo das lentes vaso de vermú é o que indican. As unllas amordicadas con moita ansiedade, o moño tolo e eléctrico, a pouca gana de fixarse en si mesma e ese rigor no vestir transloce moi pouca imaxinación e ganas de anticiparse ao que será o día seguinte.” (Emma Pedreira: Bibliópatas e fobólogos, 2019)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.