Obxecto con que se tapa a cara ou parte dela para non ser recoñecido, en particular aquel que cobre a zona que está arredor dos ollos.
Etimoloxía
Palabra composta pola preposición “ante” e o substantivo “face” que procedía do latín facies ‘aspecto’ ou ‘rostro’.
Exemplos *
“Ela levaba os seus ollos cubertos polo anteface azul dende non había a penas nada.” (Alfredo Conde: Sempre me matan, 1995)
“Seille moi ben quen agocha o seu rostro con ese anteface, e sinto vergonza de que un distinguido súbdito do meu mesmo rei ande en sociedade cunha mala ralea de bandoleiros.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.