antibiótico

Substancia antibiótica

Etimoloxía

Palabra que bebe do francés antibiotique, porén é unha formación neolóxica que parte do grego antí ‘fronte’ e biotikós ‘da seres vivos’.

Exemplos *

“Após cinco minutos de furiosa negociación e o gasto de dúas caixas adicionais de antibióticos que desapareceron rapidamente nos petos indicados.” (Manel Loureiro: Apocalipse Z. Os días escuros, 2014)

“E escribín unha nota. Desliceina entre uns cadernos con exercicios corrixidos e esperei _sen paradura polo día, dando voltas na cama ata a madrugada, como nos inicios dun flegmón, antes de que empece a facer efecto o antibiótico.” (Bieito Iglesias: A historia escríbese de noite, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.