anticiclón

Área de altas presións atmosféricas, que adoita ir acompañada de bo tempo na superficie.

Etimoloxía

Na formación deste vocábulo entraron as raíces gregas anti, que indica oposición, e ciclo 'círculo'.

Exemplos *

"O xurado estará composto polas primeiras e segundas autoridades […] da bisbarra, actuando como secretario-asesor un dos homes ou mulleres encargados dos anticiclóns da TV." (Paco Martín: Das cousas de Ramón Lamote)

"… o verán de San Martiño non se debe a San Martiño, senón ó anticiclón das Azores." (Xosé Cermeño: Ciencia de facer as camas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.