Aquilo que é antigo ou que pasou de moda
Etimoloxía
Derivado apreciativo do vocábulo “antigo” que vén do latín antiquum de significado similar.
Exemplos *
“Non sei por qué, avoa, pero con mamá non podo falar como falo contigo. E ti non es unha antigalla! Sabes navegar, e xogar ao tenis, e patinar...” (Marina Mayoral: O anxo de Eva, 2013)
“Lola trouxo o seu coche –unha antigalla de Passat branco modelo familiar– á mesma porta da casa e Ganga acomodouse no asento.” (Antón Lopo: Ganga, 2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.