antigüidade

Obxecto antigo, especialmente o que é valioso

Etimoloxía

Palabra que procede da latina antiquĭtas, -ātis ‘tempos antigos’, coa influencia de antiga.

Exemplos *

“Posiblemente se deba á longa época da miña infancia e adolescencia en que pasei as tardes no obradoiro do meu avó paterno; era restaurador e tiña unha tenda de antigüidades no barrio de Salamanca, en Madrid.” (María Oruña: O souto dos catro ventos, 2021)

“Se cadra este Murray non entendía as moitas leis non escritas dun país coma este. Galicia era o couto de don Servando, o feudo discreto e silencioso, o lugar onde nada se podía mover no mundo das antigüidades sen que el o soubese.” (Manuel Gago: O anxo negro, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.