Mamífero da familia dos bóvidos, de cornos permanentes, esvelto e veloz, que vive en rabaños nos desertos ou nas estepas de África, Asia e América e do que existen distintas especies
Etimoloxía
Palabra que bebe do francés antilope, este do latín medieval antilops, -opis, que vén do grego anthálopos, nome dun animal descoñecido ou fabuloso.
Exemplos *
“Un antílope, por exemplo, non podía ir razoar cunha leoa. Sabíao ben el, que se fartaba de mirar documentais.” (Xurxo Borrazás: Na maleta, 2000)
“Ao que rematei, riu. Bonita fábula occidental —dixo—. E contoume a do León e o guerreiro Sidama, enfrontados por un antílope morto, que non querían compartir.” (Fernando Díaz-Castroverde: Microbios e outros paquidermos, 2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.