antisemitismo

Ideoloxía, actitude hostil cara ao pobo xudeu.

Etimoloxía

Formouse a partir de semita, voz creada sobre Sem, nome dun personaxe bíblico, fillo de Noé, do que descenderían os semitas.

Exemplos *

"Dende que o andazo do antisemitismo nos deixara espidos sobre estas lousas centenarias, procurei que a xenerosidade e a tolerancia impregnasen as miñas accións e as dos meus fillos." (Xerardo AgraFoxo: O violinista de Malá Strana)

"De igual maneira que en América non hai un problema negro, senón un problema branco; do mesmo modo que "o antisemitismo non é un problema xudeu: é o noso problema"; así, o problema da muller foi sempre un problema de homes." (África B. López Souto: Simone de Beauvoir)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.