Proposición contraria a outra enunciada anteriormente chamada tese.
Etimoloxía
Procede do grego antithésis, -eos, composto no que se lle engade a thésis o elemento anti 'contra'.
Exemplos *
"O lector atento da súa obra comprobará como unha e outra vez para demostrar a validez dunha proposta a confronta coa súa antítese." (Marcelino Agís Villaverde: O Correo Galego 08-11-2000)
"A antítese eríxese de novo como tese." (Rebeca Baceiredo: O suxeito posmoderno. Entre a estética e o consumo)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.