Doutrina que considera o ser humano como centro do Universo e que concibe todas as cousas en función de experiencias e valores humanos.
Etimoloxía
Formouse a partir do grego antropo ‘ser humano’ e centro, tamén de orixe grega, chegado a través do latín centrum.
Exemplos *
“Sentimos moito contribuír á perda da esperanza en calquera clase de antropocentrismo, pero é que vemos que o dominio da corrente natural do heteroxéneo sobre o home é, coma en tódolos seres, total.” (Ignacio Castro: Alén da fenda. Por unha filosofía do absoluto sensible)
“Ás veces, mergullados no antropocentrismo, esquécese todo agás o feito pola man humana, centrándose en monumentos e poboacións, e cómpre volve-la vista novamente sobre o medio.” (Albino Mallo: O Correo Galego 12-05-1999)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.