Especialista en antropoloxía
Etimoloxía
Cultismo que procede do grego anthrōpológos 'que fala do ser humano'.
Exemplos *
“Cando a antropóloga Gayle Rubin publica en 1975 o seu famoso artigo "O intercambio das mulleres", onde se definía o sistema sexo/xénero por primeira vez, seguro que non imaxinou o que daría de si este termo.” (Carme Adán: Feminicidio. Unha nova orde patriacal en tempos de submisión, 2018)
“A mística da feminidade de Betty Friedan xa marcaba unha ruta do feminismo liberal que foi seguido por antropólogas como Margaret Mead, empeñadas en glorificar a muller, o seu rol, a súa función biolóxico-sexual, así como as características "esenciais", desde o seus criterios, de sensibilidade, tenrura, dozura, piedade...” (María Xosé Queizán: Anti natura, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


