antuca

Instrumento similar ao paraugas, que serve para protexerse do sol.

Etimoloxía

Non se coñece a orixe desta voz.

Exemplos *

“Esperanza Roy gustaba da vista que había dende aquela solaina, a do pazo, protexida Esperanza do sol pola súa antuca.” (Pancho R. Tristán: Tempos Novos 04-1997)

“… decidiron procurar asento nun bar ó abeiro dunha antuca que os protexera do sol, pedir uns refrescos e liberar a súa neurose …” (Xavier Queipo: Papaventos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.