Publicación periódica de carácter anual
Etimoloxía
Crese que procede do francés annuaire, de significado semellante, sendo unha creación sobre o latín annuus ‘anual’.
Exemplos *
“A creación dun Centro de Documentación e a publicación dun caderno ou anuario que nos informe deses estudios e mesmo recolla esas novas achegas é un deber da nova Fundación.” (Miguel Anxo Seixas: O Correo Galego, 19-2-1996)
“Isto supuña para el o mellor xeito de se esquecer dos opúsculos, dos anuarios e das actas dos congresos; de todo ese material impreso ou fotocopiado que lle ía ocupando os miolos.” (Ramiro Fonte: Os leopardos da lúa. Unha traxedia particular, 1993)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.