Texto, debuxo, foto, imaxe etc., con que se anuncia algo ou alguén, en particular con fins publicitarios
Etimoloxía
Palabra que procede do latín tardío annuntium que é a substantivación do adxectivo annuntius ‘o que anuncia’.
Exemplos *
“Resulta moi sensual, pareces unha desas rapazas que saen nos anuncios da tele.” (Marina Mayoral: O anxo de Eva, 2013)
“(...) tentar darlle a mellor saída ás vosas pezas como produtos independentes: colocalas en discos recompilatorios, campañas publicitarias, anuncios de televisión, bandas sonoras de pelis etc., operacións estas das que os autores en primeira instancia, o grupo en definitiva, han sacar posterior proveito.” (Pedro Feijoo Barreiro: ¡Viva o fu remol! Ópera en cinco actos sobre a música ó pé da rúa, 2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.