anuros

Orde de vertebrados da clase dos anfibios, sen cola en estado adulto, coas extremidades posteriores máis longas ca as anteriores e adaptadas para o salto, a cabeza grande e os ollos saltóns

Etimoloxía

Termo científico que é froito do prefixo an- co significado de ‘privación de’ e a palabra grega uro ‘rabo’.

Exemplos *

“Unha subclase destes, os crosopterixios, teñen un cranio semellante ao dos anfibios. Como exemplo dos urodelos temos a salamanca, e dos anuros a ra.” (Luís Humberto Busto Abella et al.: Noema. Iniciación á filosofía, 1983)

“Sálvora, para nós, é a que pode presumir de ter unha fantástica cantidade de anfibios repartidos entre anuros e urodelos.” (Estanislao Fernández de la Cigoña: Illas de Galicia: Cíes, Ons, Sálvora, Tambo, San Simón e Cortegada, 1991)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.