anxina

Inflamación aguda das amígdalas ou destas e a farinxe.

Etimoloxía

Termo culto procedente do latín angina, –ae co significado semellante ao actual e que nace do verbo angere 'apertar'.

Exemplos *

"Seica a doenza cardíaca da miña nai se orixinara nunhas anxinas e meu pai tiña intención de eliminar ese niño de microbios en todos os fillos." (Marilar Aleixandre: "O aceite acabado de prensar" en Grial, nº 144)

"Tamén lle tiña medo a calquera cirurxía -eludira moitas veces a operación das anxinas, aturando dores de gorxa cada vez que arrefriaba o tempo." (Bieito Iglesias: Pan e coitelo. Novela moi moral)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.