Ser espiritual que, segundo a Biblia e o Corán, é mensaxeiro entre Deus e os homes.
Etimoloxía
Procede do latín angelus, –i que a súa vez se toma do grego ággelos que significaba 'mensaxeiro'.
Exemplos *
"coma anxo airado, / rompe a paz, e ponte a loitar!" (Xosé María Díaz Castro: Nimbos)
"O neno repetía as invocacións da nai, cada noite, axeonllado aos pés do leito, coas mans xuntiñas e xesto de anxo." (María Xosé Queizán: A semellanza)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.