anzol

Gancho de metal acabado en ángulo agudo, que se sostén por un fío ou tanza e no que se pon un engado para pescar

Etimoloxía

Palabra que vén do latín vulgar *hamiceolu que é o diminutivo da palabra do latín clásico hamus que tiña o mesmo significado.

Exemplos *

"MÁIS que nos anzois / Máis aínda que no meu dedo gordo / cun anzol / en vez de robalizas. / Máis aínda que no anzol que teño no corazón / en vez de robalizas." (Luísa Castro: Baleas e baleas, 1988)

“Sei que meu pai nunca comprendeu ben a Clarissa , talvez sen un motivo concreto , pero con esa intuición certeira que teñen os peixes para arredarse da superficie da auga cando se tira un anzol.” (Berta Dávila: O derradeiro libro de Emma Olsen, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.