apartado de correos

Lugar dunha oficina de correo onde se pon por separado a correspondencia dun destinatario

Etimoloxía

Frase creada co participio pasado de “apartar” que remite ao latín pars, partis ‘parte’.

Exemplos *

“Se esta lía a historia e lembraba o episodio debería escribir a determinado apartado de correos, Van Diepen ofrecíase a convidala a cear no restaurante e no lugar do mundo que ela elixise.” (Manuel Núñez Singala: Menú de enganos / A rapaza do bikini verde, 2010)

“Recolle a correspondencia do apartado de correos: un teléfono móbil de prepago sen desembalar e 30.000 euros en billetes.” (Ignacio Escolar: 31 noites, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.