Vivenda nun edificio de varias plantas, en particular, a de pequeno tamaño.
Etimoloxía
Palabra que collemos do francés appartemment e parece que este do italiano appartamento 'estancia separada'.
Exemplos *
"Cándido Vargas ouviu o son do teléfono alá no fondo do apartamento, o único teléfono do edificio." (Berta Dávila: A arte do fracaso)
"Quería que buscase algunha desculpa e fose para alí esa mesma tarde, que estreaba un apartamento precioso en Burela, mirando para un mar inmenso." (Manuel Portas: Denso recendo a salgado)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.