Afección, inclinación, amor por algo ou alguén
Etimoloxía
Palabra derivada do verbo “apegar”, o cal bebe de *appicare, de picare ‘untar con brea’.
Exemplos *
“Non obstante, a moza era lista. Non se coñecía o seu lugar de residencia nin por onde se movía. Xamais vivira na illa e non lle tiña o máis mínimo apego.” (Pedro Larrañaga Álvarez: A garza insomne, 2016)
“Polo apego que lle tiñamos, polo compañeirismo sen condicións con que nos honraba, a súa decisión caeu coma unha bomba causando unha auténtica conmoción no banco.” (Uxía Casal: Vidas exemplares, 2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.