Nome de familia que se transmite de pais a fillos.
Etimoloxía
Procede de apelidar e este do latín appellare que significaba 'chamar repetidamente'.
Exemplos *
"O apelido nunca serve para nada, o único necesario é ter un nome e eu teño un ben sonoro e altivo: Priorato." (Xosé Carlos Caneiro: Ébora)
"Moitos nomes de parroquias incorporáronse tamén ó repertorio antroponímico galego baixo a forma de apelidos toponímicos" (Gonzalo Navaza Blanco: A parroquia en Galicia: pasado, prresente e futuro. Parroquias e toponimia)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.