aperta

Acto de abrazar ou cinguir cos brazos

Etimoloxía

A palabra é un derivado regresivo do verbo “apertar” que bebe do latín tardío appectorare ‘premer contra o peito’.

Exemplos *

“Busquei coas miñas mans as de Lucía e ela devolveume a aperta con forza e en silencio.” (Manel Loureiro: Apocalipse Z. Os días escuros, 2014)

“Alí, no portal, a Monique recibiu unha intensa aperta. Intensa e deliciosa. O Fer apertouna docemente, pasándolle o nariz polo pescozo.” (Xulio Pardo de Neyra: Intensa e quente é a túa humidade azul, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.