Certa combinación de movementos con que se inicia unha partida de xadrez
Etimoloxía
Vocábulo que procede do latino apertura con significado semellante.
Exemplos *
“O primeiro nivel, cuxas clases terán lugar os venres de 18:00 a 19.30 horas, comprende cuestións básicas como o taboleiro e colocación, xogos ponte co xadrez, movemento e captura de pezas, promoción e enroque, apertura, xaque, etc.” (Redacción: El Correo Gallego, 26-9-2013)
“O xogador do USC xogou a apertura Alekhine, Ramón optou por xogar posicional e demasiado conservador.” (Redacción: Que pasa na Costa, 6-2-2018)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.