Cría de abellas co fin de aproveitar os seus produtos
Etimoloxía
Creación formada pola palabra latina apis- ‘abella’ e mais cultura, cultismo que bebe do termo latino cultura ‘acción de coidar ou cultivar’.
Exemplos *
“Regresou a Galicia e instalouse en Vigo, onde creou un taller ao que primeiro bautizou como "La Fundidora" para logo denominalo "La Industriosa", nome co que quería render homenaxe ás laboriosas abellas, pois era afeccionado á apicultura.” (Eduardo Rolland: GCiencia. O portal da ciencia galega, 4-2015)
“O home practicou desde moi antigo a agricultura, gandería, caza, pesca e apicultura, así como a recolección de leña, froitos e plantas medicinais.” (E.E.: O Correo Galego, 30-5-1999)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.