apio

Planta herbácea comestible da familia das umbelíferas, de talo oco e estriado e flores brancas moi pequenas en umbelas, que ten un cheiro e un sabor moi fortes

 

Etimoloxía

Denominación que procede da latina apium. O nome científico que corresponde é Apium graveolens.

Exemplos *

“As cebolas son case imprescindibles en toda alimentación crúa pois ademais é un moi bo condimento, o mesmo que o allo, apio, pirixel, etc.; ademais de moi boa para a circulación do sangue, estimula a dixestión.” (Elisardo Bralo Rego: Medicina natural popular e caseira, 1990)

“O cocido catalán está composto cos seguintes ingredientes: carne de tenreira, de boi, botifarra negra e branca, touciño entrefebrado, a 'pelota' −feita a base de carne picada−, un óso de xamón e outro de tenreira −de cana−, garavanzos, porros, patacas, apio, azafrán e cenoria.” (Xavier Costa Clavell: Galicia Hoxe, 9-5-2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.