apoderamento

Proceso polo cal unha persoa ou grupo social adquiren os medios para fortalecer o seu potencial en termos económicos, políticos ou sociais

Etimoloxía

Substantivo neolóxico derivado do verbo galego “apoderar” que significa “facer poderoso ou forte un individuo ou grupo social desfavorecido”.

Exemplos *

“A recoñecida antropóloga Marcela Lagarde impartiu esta mañá na Facultade de Ciencias Políticas un obradoiro de apoderamento das mulleres na contorna universitaria no que falou da relación entre a academia e o feminismo.” (Redacción: Xornal da USC, 20 -11-2018)

“A Escola para o apoderamento de mulleres do rural: comercio e banca electrónica é unha aposta pola formación en novas tecnoloxías entre as mulleres do rural galego co fin de diminuír a fenda dixital, fomentar o apoderamento financeiro e a autonomía económica.” (Redacción: El Progreso, 20-9-2019)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.