Persoa que propaga unha doutrina ou ideal / Cada un dos discípulos de Cristo, incluídos S. Paulo e S. Bernabé, que se encargaron de dar a coñecer o evanxeo
Etimoloxía
Voz procedente da do latín tardío apostŏlus, e este remite ao grego apóstolos 'enviado'.
Exemplos *
“Asistimos á "descuberta" da tumba do apóstolo nas inmediacións de Libredón, ao asedio viquingo, ao cerco da peste no medio das intrigas políticas da cidade, a un estraño suceso interdimensional acontecido entre o século XVI e o universo da banda deseñada do XX, aos terrores da Inquisición ou a organización dunha das primeiras loxas femininas na cidade.” (Mario Regueira: Sermos Galiza, 25-4-2019)
“As cidades galegas tiñan unha traxectoria histórica longa e "gloriosa", cun alto valor simbólico, e non precisaban crearse unha imaxe cara a fóra. De feito, Santiago e as capitais diocesanas podían presumir dun pasado cristián limpo _con raíces na predicación do apóstolo.” (Ofelia Rey Castelao: Historia das historias de Galicia, 2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


