Punto máis afastado ao centro da Terra na órbita da Lúa ou de calquera outro corpo que xira arredor daquela
Etimoloxía
Termo culto que procede do latín apogēum, e este lévanos ao grego apógeion que significaba que ‘é distante da terra’.
Exemplos *
“Un ollo nu é incapaz de diferenciar unha Lúa en apoxeo (máxima distancia á Terra) e outra en perixeo, aínda que a través dun telescopio si se pode apreciar unha leve variación do seu tamaño con respecto a outras Lúas cheas.” (Redacción: GCiencia. O portal da ciencia galega, 8-2015)
“O tamaño aparente da Lúa e o camiño que esta leve ao atravesar os conos citados. Así, se a Lúa está preto do seu apoxeo, estará o máis lonxe posible da Terra e por iso verase máis pequena.” (Redacción: Xornal da USC, 26-7-2018 en https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/27-xullo-tera-eclipse-lua-duradeira-seculo-0
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


