Que agrada, que causa sensación de paz, de pracer.
Tamén apracíbel
Etimoloxía
Vocábulo derivado que toma base o verbo latino placere ‘agradar’ ou ‘parecer ben’.
Exemplos *
“Estrela ficou consternada. Unha fenda de aire frío acababa de abrirse na súa apracible morada.” (Teresa González Costa: Os santos nunca dormen, 2014)
“A apracible vida en Portugal está a ser alterada pola violencia.” (Fernando Casares: O Correo Galego, 7-2-1995)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.