Acción e efecto de abrazar ou cinguir
Etimoloxía
Voz derivada do verbo “apreixar” que vén do verbo latino apprensare ‘prender’.
Exemplos *
“En realidade hai moitos tipos de bicos, de agarimos, de apreixos: os actos, as accións musculares que se poñen en funcionamento, poden se-las mesmas, pero o seu significado é distinto porque a acción do sistema enteiro é distinto.” (Xosé Manuel Domínguez Prieto: Alén da libido. Do sexo á sexualidade, 1998)
“—Tráioche, Xacinto, un apreixo forte de Paulo, e tamén un paquetiño, que el che manda. Polo visto, contén chourizos feitos pola súa nai.” (Manuel Rodríguez Troncoso: Raíces rurais, 1996)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.