Adquirir o coñecemento de algo, chegar a saber por medio do estudo, a práctica, a observación, a experiencia etc.
Etimoloxía
Palabra que vén desde o latín apprehendere que significaba ‘coller’.
Exemplos *
“O neno aprende no xogo desde o manexo do corpo deica as complicacións sociais e a disciplina da existencia.” (Ramón Regueira: X.V. Viqueira. Teoría e praxe, 1992)
“A min aprendeume a facer nós mariñeiros , o de ballestrinque, o de lasca _dixo un sencasa vello que durmía no portal dunha tenda de roupa no centro , cando o deixaban.” (Marilar Aleixandre: A Compañía Clandestina de Contrapublicidade, 1998)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.