Adquisición de coñecementos sobre unha arte, oficio etc.
Etimoloxía
Palabra que procede do equivalente francés apprentissage ‘acción de aprender un oficio ou profesión’.
Exemplos *
“Canto á gramática, garda unha perfecta regularidade que os seus promotores consideran básica para facilitar a aprendizaxe (...)” (Teresa Moure: Outro idioma é posible. Na procura dunha lingua para a humanidade, 2005)
“Sempre tivo problemas de aprendizaxe, polo que asistía a unha Aula de Apoio.” (Ana Iglesias Galdo: Educar e castigar. Unha historia do presente da xustiza de menores en Galicia, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.