aproximación

Premio que na lotaría nacional reciben os números superior e inferior ao que obtivo o primeiro premio.

Etimoloxía

Derivado de aproximar e este de approximare que indicaba 'estar cerca' ou 'aproximarse'.

Exemplos *

"Así mesmo, haberá dúas aproximacións premiadas con 20.000 euros cada unha para os números anterior e posterior a que obteña o primeiro premio." (Europa press galego 15-11-2011)

"No 2006 unha aproximación anterior ao gordo conseguiu para a cidade 2,6 millóns de euros." (La Voz de Galicia 22-12-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.