Persoa que no teatro permanece oculta ao público e que en voz baixa lles vai recordando aos actores o que deben dicir durante a representación
Etimoloxía
Vocábulo que derivan sobre o verbo “apuntar”, como a todos os romances occidentais, que se crea tomando como base “punto” do latín punctum ‘punzada’ ou ‘punto’.
Exemplos *
“Pero agora, agora que o penso , eu non fun máis que un apuntador de teatro para el, non fun máis que un dicionario ó que chamaba para non se molestar en pasar as páxinas dun libro de leis.” (Francisco A. Vidal: Os pecados capitais, 2007)
“O apuntador, que empezara soprando unha frase polo medio do primeiro acto, acababa lendo a obra enteira cunha voz fermosa e potente e ó final os espectadores prorrompían en afervoados aplausos, e os actores tamén prorrompían en afervoados aplausos e Lope tiña que saír da cuncha a saudar.” (Carlos López: O Correo Galego, 22-5-2002)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.