aquelarre

Reunión nocturna de bruxos e bruxas na que supostamente aparecía o demo transmutado no corpo dun castrón

Etimoloxía

Termo que tomamos do éuscaro akelarre; que significa o 'prado do macho da cabra'.

Exemplos *

“Acontecen, nestas horas sen luz, feitos infrecuentes: as meigas voan para o aquelarre, como voan os animais caseños; a compaña abandona o camposanto; as chuchonas zugan sangue das vítimas.” (Vitor Vaqueiro: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, 2011)

“Sabemos, polos testemuños das mulleres, que nos aquelarres están implicados o comisario, un Montenegro e un Sanxoán. Xente poderosa. Que poden temer se, ademais, un é comisario do Santo Oficio?” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.