aquilón

Vento do norte

Etimoloxía

Palabra culta que procede da latina aquilone, un dos catro ventos principais.

Exemplos *

“Encóntranse entre estas os neuros, pobo do interior, encerrado por altas montañas, incesantemente azoutados polo aquilón, que o frío fai inaccesibles. Máis lonxe moran os budinos e xelóns que pintan o corpo de azul e tinguen incluso o cabelo, sinalado o grado de distinción do individuo polo número e matices máis ou menos escuros das manchas.” (Mª Xosé Queizán: Amantia, 1984)

“E en efecto, semellante ó alude que se desprende da elevada rocha, ou ó furioso aquilón que arrastra detrás del ás tenras arboriñas, vimos aparecer un espantoso dragón, un crocodilo, un caimán como só se crían nas orelas do Nilo ou entre os xuncos do Ganxes.” (Clodio González Pérez: A coca e o mito do dragón, 1993)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.