ara

Pedra sagrada en que se celebraban as ofrendas e os sacrificios aos deuses

Etimoloxía

Voz culta que remite á latina ara ‘altar’.

Exemplos *

“Na igrexa o retablo policromado erguíase sobre un chan de baldosas descoloridas. Baixo a mesa do altar descubríase case agochada unha ara romana. Seguramente era unha pedra votiva, máis pagá imposible.” (Anabel Alonso López: Café só, 2011)

“Nese lugar apareceron, xunto aos restos da Porta da Burga, un hipocausto romano, un camafeo e tres aras romanas dedicadas ao deus indíxena Reve, con inscricións relacionadas co culto ás augas, ademais de ánforas, cerámicas e moldes diversos.” (Marcos Valcárcel: Historia de Ourense, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.