arando

Froito da arandeira.

Etimoloxía

Non se coñece con seguridade a orixe desta voz, para a que se apunta a posibilidade de que derive do latín rhododenron, mesturada coa voz prerromana arán ‘abruño’.

Exemplos *

“… collían moras nos camiños ou arandos nas gándaras, entre toxos, carqueixas e carpazas …” (Xosé Fernández Ferreiro: A saga dun afiador)

“Os máis larpeiros non deben deixar de probar o mel, a manteiga e a confeitura de arandos.” (Xosé A. Neira Cruz: Galicia Internacional 01-1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.