Persoa que aplica e fai que se cumpra o regulamento nunha competición deportiva
Etimoloxía
Substantivo que nos chega desde o latín arbĭter, -tri que significaba ‘observador’, ‘xuíz’ ou ‘árbitro’.
Exemplos *
“Unha árbitra galega, a coruñesa Iolanda Parga, participará como asistente na final do Mundial Feminino de Fútbol.” (A.C.: Nós Diario, 5-7-2015)
“A ourensá Zulema, sobriña do ex-árbitro internacional Bernardino González Vázquez e adscrita á Delegación de Vigo, onde reside, converteuse esta mesma tempada na primeira árbitra galega en pitar en categoría nacional, neste caso a Terceira División.” (Redacción de Deportes: Galicia Confidencial, 11-9-2015)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.