Acción e efecto de arbitrar / Decisión ou sentenza emitida por un árbitro
Etimoloxía
Voz que nos remite ao verbo “arbitrar” que bebe do latino do arbitrāri ‘presenciar como testemuña’ ou ‘xulgar’.
Exemplos *
“Con respecto á arbitraxe na final de Lalín, o adestrador afirma que "foi unha irresponsabilidade moi grande de todo o conxunto arbitral, xa non só por erros de apreciación, que son perdoables, senón por deixar no campo a xogadores con dous cartóns".” (Antón Linla: Galicia Hoxe, 10-3-2011)
“Penso que os problemas da arbitraxe española pasan por que moitos dos colexiados só colleron o libro, aprenderon as regras, mais non xogaron antes ó fútbol e descoñecen como se vive desde o plano do xogador. Así non chegamos a ningún lado.” (A.M.: O Correo Galego, 13-2-1996)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


