árbore

Calquera planta de tamaño grande, con tronco leñoso e elevado que se divide en pólas a partir dunha certa altura.

Etimoloxía

Nace no latín clásico arbor, –oris 'árbore'.

Exemplos *

"Os dous despedían o ano cun bico fronte a unha árbore de Nadal e daban a benvida a 2013 cunha ruptura." (De Luns a Venres 08-01-2013)

"Estou seguro que o de mostacho loiro e barba braca iría, nada máis marchar, cara ao bosque onde corría o coello da sorte e cortaría árbores de Nadal." (Manuel Rivas: Os comedores de patacas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.