Lugar poboado de árbores
Etimoloxía
Vocábulo derivado que toma como base “árbore” que bebe no equivalente latino arbor, -ŏris.
Exemplos *
“A aldea da Capela / ten polidos arboredos;/ tamén ten polidas nenas / para polidos mancebos.” (Domingo Blanco: A poesía popular en Galicia 1745-1885. Recopilación, estudio e edición crítica. Vol. II, 1884)
“Dende a túa casa á igrexa / hei de pór unha arboreda / pra que cando a misa vaias / o sol, nena, non che dea.” (Xoaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa, 1973)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


