Palabra en desuso ou anticuada nun momento determinado nunha lingua
Etimoloxía
Entra desde o grego arkhaïsmós ‘imitación dos antigos’ pero a través do latín archaismos co mesmo significado.
Exemplos *
“Remato: pasei o texto a limpo e puxen algunhas notas que estimei necesarias, porque hai arcaísmos e palabras e ditos daqueles tempos. Espero que che guste e que o pases tan ben como o pasei eu mesmo.” (Lalo Vázquez Xil: A da alba sería, 1996)
“A miña habitación estaba nas camarillas. Doume conta agora do arcaísmo castelán do nome: cámara, camarillas.” (Xosé Alvilares: Memorial de agravios, 1992)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.