ardentía

Fosforescencia ou luminosidade das augas mariñas, producida polos movementos dos peixes ou doutros organismos que habitan nelas

Etimoloxía

Voz derivada que ten como base “ardente” que deriva do verbo “arder” que vén do latín ardere de significado semellante.

Exemplos *

“Cando o barco dá a cabezada ou o pantocazo sobre o lombo do mar, o peixe que vai sobre o fondo, ó asustarse, deixa na súa fuxida a súa silueta ou ronsel na ardentía das augas. Ó momento xa se sabe que clase de peixe vai debaixo dun.” (Xavier Rodríguez Vergara: Redes e peixes. Saberes dun mariñeiro, 2008)

“Non era preciso vogar moito. Tan só manterse atento escoitando as ardentías e afastarse delas para non rematar esfragado contra os cons da ribeira e non deixarnos ir á valga das correntes.” (Hixinio Puentes: Aguillóns de Ortegal, 2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.