ardor

Calor intensa

Etimoloxía

Termo que procede do latino ardor, -oris ‘calor’.

Exemplos *

“E Amaro acaricia a man do rei pra lle facer sentir como el lle quere, pois teme que a frieza do luar lle faga aborrecer na fin da vida o ardor do sol no ceo azul aló en Sevilla.” (Darío Xohán Cabana: Morte de rei, 1996)

“«Deixando en repouso nunha vasilla, durante un mes, moitas claras de ovo, fórmase (...) — un cristal duro como a roca». Por fría — (...) «refresca, aperta, tapa os poros e mitiga a inflamación dos ollos. Aplicada inmediatamente ás queimaduras do lume, non deixa que se fagan bochas, e defende o rostro contra o ardor do sol»” (Xosé Ramón Mariño Ferro: Os animais na medicina máxica tradicional, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.